Desde a APSOU compartimos o seguinte proxecto.
Xa temos o Calendario APSOU para o ano 2027!
Grazas ao gran traballo, dedicación e ilusión da Xunta Directiva, dos socios e socias e dos profesionais da APSOU, como Carolina García, integradora social, logrouse este proxecto.
Este calendario ten un pequeno custo. Con este diñeiro, estarás a axudar a manter os servizos da asociación.
Prezo: 10 €.
As persoas que estean interesadas en adquirilo poden contactar coa APSOU cando o desexen.
GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!