O vindeiro sábado 28 de setembro, a APSOU estamos a organizar unha comida pola celebración do Día Internacional das Persoas Xordas, que este ano se celebrará en Ourense en colaboración coa FAXPG.
Haberá dispoñibles 2 menús, un para adultos e outro infantil para nenos/as de ata 12 anos.
O menú de adultos consistirá en empanada de carne, salpicón de marisco, tenreira asada con guarnición e inclúe sobremesa, viño, auga e café.
O menú infantil consistirá en luras á romana, croquetas caseiras de xamón, milanesa de pito con patacas e inclúe sobremesa (xeado) e auga.
Importante que se ides participar indiquedes na inscrición a necesidade dalgún menú especial (vegano, vegetariano, etc.) ou se se ten algunha alerxia alimentaria.
O prezo do menú de adultos é de 22€/persoa e o infantil ata 12 anos de 16€/persoa.
Importante apuntarse a tempo as persoas que esteades interesadas porque hai aforo limitado.
Poderán participar socios e socias de asociacións afiliadas á CNSE.
Prazo para apuntarse: 20 de setembro.
O pago pódese realizar tanto por transferencia bancaria como de maneira presencial en horario de apertura da asociación (desde as 09:00h ata as 14:00h).
Ademais, informarvos de que ese mesmo día abrirase o local social da APSOU a partir das 20:00h para compartir un intre en compañía despois das actividades culturais.
Pola noite iluminarase de cor turquesa a Ponte Romana e o Edificio Provincial da Deputación de Ourense con motivo do Día Internacional das Persoas Xordas.
Proximamente haberá máis información sobre o evento.
Para calquera dúbida podedes contactar coa APSOU.
Anéxanse os seguintes documentos:
ANIMARVOS A PARTICIPAR, UN DÍA IMPORTANTE!