Desde a APSOU estamos a organizar unha excursión a Cuenca con visita guiada, ademais de visitar a Cidade Encantada e Tarancón para coñecer o seu conxunto histórico e cultural.

A excursión realizarase desde o día 6 de setembro ata o 8 de setembro (3 días e 2 noites)

Prezo total: 315€ (inclúe hotel en pensión completa, guía oficial en Cuenca, autocar confort, seguro de viaxe e intérprete de LSE)

  • Adianto: 100€ (data límite de pago 12 de agosto)
  • Pago restante: 215€ (data límite de pago 26 de agosto)

Prazo para apuntarse: 12 de agosto.

O pago pódese realizar tanto por transferencia bancaria como de maneira presencial en horario de apertura da asociación (desde as 09:00h ata as 14:00h)

Para calquera dúbida podedes contactar coa APSOU tanto por correo electrónico como de maneira presencial.

Importante:

  • Para que se poida realizar a viaxe débense inscribir máis de 21 persoas á excursión, xa que é o mínimo que se nos solicita desde a axencia de viaxes.
  • Só realizarase a devolución do importe pagado a aquelas persoas que teñan un xustificante de realizar o pago e en caso de enfermidade para asegurar o compromiso de participación na excursión.

Anéxanse os seguintes documentos:

¡ANIMAROS A PARTICIPAR!

Difusión