Tal e como nos pedistes e preguntado, hoxe informámosvos sobre a reserva das mesas da comida do 50º Aniversario para todas as persoas que queirades, non é obrigatorio.
Na comida haberá mesas de 10 e 8 persoas e hai un número limitado de cada unha delas.
Se queredes reservar mesa coas persoas que queredes comer, tedes que mandarnos un email a apsou@apsou.org dicíndonos o número de persoas que sodes.
Pero hai que ter en conta varias cousas:
1. Todas as reservas irán por estrita orde de chegada. Se a mesa que solicitades está esgotada, farémosvolo saber para dicirvos cal está dispoñible.
2. Se sodes menos persoas que 8 ou 10 tedes que ter en conta que chegado o día compartiredes mesa con outras persoas.
3. Se necesitades unha localización especial por algún motivo xustificado, facédenolo saber tamén para que a colocación sexa a mellor posible.
A persoa que reserve a mesa ten que ter en conta que se cadra temos que poñernos en contacto co/oa por videollamada, así que vos pedimos por favor que esa persoa sexa unha persoa que estea dispoñible para, no caso de ser necesario, póidaselle videollamar.
O prazo é martes, 25 de xuño.
Lembrade que é un día de festa e imos todos/as a gozar e a pasalo ben.
Vémonos en poucos días!