O vindeiro venres 14 de xuño é o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas e celebrarémolo na rúa do Paseo.

O programa é o seguinte:

De 11:00h a 14:00h teremos unha mesa informativa sobre os nosos servizos e os da FAXPG. Haberá animación.

De 17:00h a 20:00h haberá as seguintes actividades: de 17:30h a 18:00h, contacontos para nenos e nenas. De 18:00h a 18:30h, taller de lingua de signos para todos/as. Tamén haberá animación.

Pola noite iluminaranse de azul turquesa a Ponte Romana e o Edificio Provincial da Deputación de Ourense con motivo do Día Nacional das Linguas de Signos Españolas.

Anéxanse os seguintes documentos:

ANIMARVOS A VIR!

Difusión