O vindeiro sábado 29 de xuño por fin é o noso Aniversario! Explicámosvos agora mesmo cal é o programa:
Ás 11:30h apertura e chegada, ás 12:00h acto institucional con autoridades, ás 13:30h aperitivo, ás 14:30h comida, ás 18:30h haberá sorpresas e ás 20:30h festa-discoteca. Ás 22:30h será clausura.
Pola noite iluminaranse de azul turquesa a Ponte Romana e o Edificio Provincial da Deputación de Ourense con motivo da celebración do 50º Aniversario.
Agora explícovos onde quedamos; a primeira das paradas para coller o autobús é no Parque de Sán Lázaro ás 11:00h, a segunda parada será no Pavillón dos Remedios tamén ás 11:00h.
Quedamos aquí, o Laias. Os autobuses e os coches chegan ata este punto xa que hai un aparcamento moi amplo.
Aconsellámosvos chegar un pouco antes das 11:30h xa que a esa hora empezarase a entrar e a controlar por parte da organización que esteamos todos/as e, ademais, ás 12:00h empezará o acto institucional.
Anéxanse os seguintes documentos:
VÉMONOS PRONTO!