O 29 de xuño celebramos na APSOU o noso 50º Aniversario no Balneario de Laias cunha xornada bonita e lúdica.

Pola mañá teremos un acto institucional con autoridades, no que haberá tamén vídeos de homenaxe, entrevistas e sorpresas.

A comida contará co seguinte menú:

  • Aperitivo:
    • Bar.
    • Mexillóns en vinagreta.
    • Tartaleta de queixo crema e salmón afumado.
    • Mini tosta de pastel de centola con salsa rosa.
    • Bombón de Cebreiro con marmelada de pementos.
    • Croquetas caseiras de marisco.
  • Menú degustación:
    • Crema de cabaza, lagostinos salteados e cogomelos mézclum confeitadas.
    • Ravioli de vieira e xamón ibérico con bechamel trufada.
    • Rodaballo á brasa con emulsión de cítricos.
    • Rectángulo de jarrete de tenreira asado e prensado a baixa temperatura con cogomelos e castañas.
    • Torta de kiwi e vainilla de Madagascar Strudel de mazá e froitos secos co seu sorbete.
    • Augas e refrescos.
    • Viños branco e tinto D.Ou. Ribeiro “Nairoa” e “Terralonga”.
    • Cafés e chupitos.

Poderán participar socios e socias de asociacións afiliadas á CNSE.

É importante que se ides a participar que se poña a necesidade dalgún menú especial (vegano, vegetariano, etc.) ou se se ten algunha alerxia alimentaria.

O autobús Ourense-Lais e Laias-Ourense será gratuíto, hai que marcar na inscrición cunha X.

O prezo da comida é de 65 euros se se fai a inscrición antes do 3 de xuño e de 75 euros se se fai a inscrición desde o 4 ao 10 de xuño.

Ademais de todo, existe a posibilidade de reservar aloxamento no Hotel Balneario de Laias coa seguinte oferta: Cuarto dobre con almorzo + 2 h. de acceso a piscinas. Prezo: 95 euros.

En caso de estar interesados/as cada un/a ten que facer a reserva pola súa conta directamente ao número 988280409 e dicindo que participa no 50º Aniversario da APSOU.

Haberá moitas sorpresas ao longo do día e despois da comida haberá festa-discoteca con música, sorteos e mesa doce incluídos no prezo.

As bebidas na festa-discoteca correrán a cargo de cada un/a.

Anéxanse os seguintes documentos:

ANIMARVOS A PARTICIPAR!

Difusión