Este ano 2022 desde a APSOU presentamos o proxecto 'Eliminando barreiras, creando accesibilidade' para a contratación dun/a intérprete de lingua de signos.
Adegas Protos organiza cada ano unha acción solidaria no territorio español 'Brinde Solidario con Protos'.
O proxecto gañador será o que teña máis votos. A votación está aberta ao público (maior de idade). Para votar picar aquí: VII Brinde Solidario Protos
Achegamos un documento a modo de guía para facilitar e facer máis accesible a votación. Picar aquí: Guía de votación para Brinde Solidario con Protos
O prazo de votación está aberto ata o martes 31 de maio de 2022.
Animádevos a participar e a compartir! Canta máis xente, máis votos conseguiremos e máis posibilidades de gañar.