O vindeiro venres 8 de marzo celebrarase na APSOU o Día Internacional da Muller co seguinte programa:
18:15h Charla "Mulleres Importantes" a cargo de Ana Alonso na APSOU.
Ao finalizar a charla todos e todas nos dirixiremos á marcha organizada para este día desde o Parque de San Lázaro ata a Praza Maior. O manifesto contará con intérprete de lingua de signos.
21:30h Cea só para mulleres na que cada unha pagará o que escolla da carta.
O prazo para apuntarse finaliza o 2 de marzo.
Despois de cear iranse todas as mulleres a xogar aos birlos.
Para este día todas as mulleres irán vestidas con camisa vaqueira e haberá algunha que outra sorpresa.
ANIMARVOS A PARTICIPAR, PASARÉMOLO MARABILLOSAMENTE!