A APSOU organiza unha excursión a Passadiços do Paiva en Portugal o día 26 de xaneiro.
O autobús sairá desde o Pavillón dos Remedios ás 8:30h directo aos Passadiços.
Ás 11:00h empeza a ruta de 8 km desde Areinho ata Espiunca e cada socio/a levará a súa propia comida e comerase pola zona.
Ás 15:30h poñeremos rumbo dirección Vila Real onde daremos un paseo ata as 18:30h. A esa hora volveremos a Ourense chegando ao Pavillón dos Remedios sobre as 21:00h.
O prezo da excursión co autobús e a entrada aos Passadiços é de 20€.
O prazo de inscrición finaliza o 21 de xaneiro.
Achéganse os seguintes documentos:
ANIMARVOS A PARTICIPAR!