O vindeiro xoves 14 de xuño é o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas. Reunirémonos na Rúa do Paseo. Durante a mañá estaremos desde as 11:00 hs ata as 14:00 hs e pola tarde de 17:00 a 20:00 hs.
Realizaranse diferentes actividades e actuacións, pero isto non será todo, xa que ademais os días 13 e 14 de xuño pola noite, a partir das 21:30 hs iluminarase con cor turquesa a Ponte Romana.
Non esquezades poñer a camiseta
para facer máis visible a Lingua de Signos neste día tan especial.
ANIMARVOS A PARTICIPAR!