Foto XV Encuentro de Personas Sordas, Personas Sordociegas y Alumnos/as de los Cursos de Comunicación en LSE

O vindeiro sábado 12 de maio a APSOU, en colaboración coa FAXPG, organiza o Encontro de Persoas Xordas, Persoas Sordociegas e Alumnos/as dos Cursos de Comunicación en LSE.

O encontro será en Monforte e dentro da programación realizaremos as seguintes actividades:

  • 09:30 h. - Saída de Ourense.
  • 10:30 h. - Apertura do Encontro.
  • 10:45 h. - Visita ao Mosteiro de San Vicente do Piñeiro.
  • 11:15 h. - Visita á Torre da Homenaxe.
  • 12:00 h. - Visita ao Museo de Ferrocarril de Galicia.
  • 14:00 h. - Comida.
  • 15:30 h. - Xogos de Interacción.
  • 16:30 h. - Visita ao Colexio da nosa Señora da Antiga.
  • 18:00 h. - Visita ao Museo da Olería Elías Reitoral de Gundivós.
  • 19:00 h. - Saída para Ourense.

O prezo é 16,00€ por persoa e están incluídas as visitas guiadas e o autobús.

A comida non está incluída, pero hai dúas opcións:

  • Opción 1: Cada un pode levar a súa propia comida.
  • Opción 2: Comida no restaurante. Prezo do menú: 8,50 €.

O prazo para inscribirse termina o 7 de maio.

Achéganse os seguintes documentos:

O programa

O inscrición

Foto Concello de Ourense. Igualdade

ANIMARVOS A PARTICIPAR!

Difusión