Foto APSOU

O próximo 14 de xuño é un día especial xa que é o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas e desde a APSOU temos programados as seguintes actividades; ás 12 da mañá haberá unha rolda de prensa na Praza Maior no Concello onde se lerá un manifesto pola celebración deste día. O acto contará co Alcalde de Ourense, a Concelleira de Servizos Sociais, co Secretario Xeral da FAXPG e a Presidenta da APSOU.

Unha vez finalizada a rolda de prensa desprazarémonos ata a rúa do Paseo onde haberá dúas carpas, o horario da carpa da APSOU é de 11:00h a 13:00h e de 17:00h a 20:00h, e a carpa de FAXPG será de 17:00h a 20:00h. Anímovos a que participedes xa que haberá moitas actividades, información e tamén vos animo a que levedes posto roupa cor turquesa así as persoas daranse conta de cal é a cor da comunidade xorda.

Unha vez finalizado todo ás 20:00h, a todos/as aqueles/as que lles apeteza iremos de tapas pola zona dos viños.

Tamén queremos comentarvos que desde o día 1 ata o 30 de xuño nos autobuses urbanos haberá carteis co Día Nacional das Linguas de Signos Españolas.

Outra das accións que levarán a cabo o día 14 de xuño será a iluminación en cor turquesa das Burgas para celebrar o noso día.

Otra de las acciones que se llevarán a cabo el día 14 de junio será la iluminación en color turquesa de Las Burgas para celebrar nuestro día.

Feliz día nacional das Linguas de Signos e que viva a Lengua de Signos Española!

Difusión