- Detalles
-
Publicado: 15 de maio de 2015

A Asociación de Persoas Xordas de Ourense (APSOU) oferta unha praza de Intérprete de Lingua de Signos Española e Guía Intérprete para persoas xordocegas.
REQUISITOS:
- Título de Técnico Superior en Interpretación de Lingua de Signos Española.
- Dominio, comprensión e expresión oral da lingua galega.
- Inscrito como demandante de emprego.
VALORARASE:
- Experiencia laboral en interpretación LSE-LO e viceversa.
- Experiencia en guía-interpretación para persoas xordocegas.
- Experiencia laboral no movemento asociativo de persoas xordas.
- Carné de conducir e vehículo propio.
OFRÉCESE:
- Contrato por interinidade-maternidade, duración segundo a substitución durante período de suspensión do contrato.
- Xornada laboral 30 h/semana.
As persoas interesadas deben enviar o seu CV por correo electrónico a: asociacion_personas_sordas_ou@hotmail.com
O asunto: "Ref. Posto de ILSE-GI Ourense"
Prazo para enviar CV ata o 24 de maio de 2015.