QUE É O/A TRABALLADOR/A SOCIAL?

O/a Traballador/a Social é un profesional que entre outras funcións, promove e actúa para establecer servizos e políticas sociais xustas.

Na APSOU, un/unha traballador/a social coñecedor dos recursos sociais na comunidade, dinamizará estes para promover actividades que favorezan e desenvolvan a integración social, educativa e laboral das persoas xordas, con discapacidade auditiva e sordociegas.

Promoverá a cultura, lingua e identidade das persoas xordas na sociedade, dándoas a coñecer e traballará para a eliminación das barreas de comunicación que diariamente poñen obstáculos ao colectivo de persoas xordas.

Funcións:

  • Promover a facultade de autodeterminación, adaptación e desenvolvemento das persoas xordas, con discapacidade auditiva e sordociegas.
  • Promover e actuar para o establecemento de servizos e políticas sociais xustas ou de alternativas para os recursos socioeconómicos existentes.
  • Estudar e detectar de forma precoz as necesidades/problemáticas relacionadas coa discapacidade auditiva ou auditiva-visual.
  • Levar a cabo un diagnóstico social e posterior elaboración de proxectos sociais, grupales e comunitarios que respondan as necesidades reais das persoas xordas.
  • Buscar información e recursos como técnico/a de a comunidade xorda.
  • Planificar adecuadamente aquelas actividades que melloren a calidade de vida das persoas xordas, con discapacidade auditiva e sordociegas, en relación ás demandas e necesidades sentidas/percibidas polos socios/as.
HORARIO LABORAL DO/A TRABALLADOR/A SOCIAL:
Foto APSOU

Traballadora Social

Horario de inverno:

Luns Martes Mércores Xoves Venres
08:30 a 14:30 08:30 a 14:30 08:30 a 14:30 08:30 a 14:30 08:30 a 14:30

Horario de verán:

Luns Martes Mércores Xoves Venres
08:30 a 14:30 08:30 a 14:30 08:30 a 14:30 08:30 a 14:30 08:30 a 14:30
FINANCIADO POR:

Foto Deputación Provincial de Ourense

CONTACTO:

Departamiento de Administración e Xestión
Asociación de Personas Sordas de Ourense

r/ Ramón Cabanillas, 6 baixo e entreplanta. 32004 Ourense
Teléfono: 988 36 60 12 | 629 69 23 58 [Número de móbil mentres dure a pandemia do coronavirus]
E-mail/Skype: tsocial@apsou.org