QUE É O/A INTÉRPRETE DE LINGUA DE SIGNOS ESPAÑOLA E GUÍA INTÉRPRETE?

Defínese como aquel ou aquela profesional competente na Lingua de Signos Española e a(s) lingua(s) orais da súa contorna, de tal forma que fai de ponte de comunicación entre todos/as os/as interlocutores/as que interveñen nunha situación comunicativa concreta, asegurando a comprensión entre eles/as.

En ningún caso o/a intérprete exerce accións de defensa, consello ou orientación. O seu labor regúlase a través do código ético cuxos principios fundamentais son a confidencialidade, neutralidade e fidelidade.

A través dos/as intérpretes de lingua de signos elimínanse as barreiras de comunicación coa que se atopan tanto as persoas xordas e sordociegas como as persoas oíntes con códigos de comunicación diferentes, facilitándolle ás persoas xordas o acceso á información en lingua de signos (como lingua propia da súa comunidade) e así poder integrarse na sociedade con independencia e autonomía, sendo está fundamental para a súa integración social, académica, laboral e cultural.

PARA SOLICITAR UN SERVIZO O/A USUARIO/A FACILITARÁ OS SEGUINTES DATOS:

Nome, apelidos, DNI, data do servizo, hora, lugar, dirección, cidade, tema do servizo, duración aproximada.

SOLICITUDE DUN SERVIZO DE INTERPRETACIÓN:

Cando se necesite contar cun/unha Intérprete de Lingua de Signos Española ou Guía Intérprete para persoas sordociegas, o/a usuario/a poderá facelo de forma gratuíta, por unha das seguintes vías:

  • Directamente no departamento do Servizo de Intérpretes de LSE e Guías Intérpretes.
  • A través da páxina web www.apsou.org, "Solicitude de Servizo de Intérpretes de LSE e Guías Intérpretes".
  • Vía correo electrónico: silse@apsou.org
  • Vía teléfono: 988 36 60 12
  • Vía SMS: 629 69 23 58

Todos os servizos e especialmente os de fóra de horario, se é posible, deben ser solicitados con dous días de antelación.

HORARIO LABORAL DO/A INTÉRPRETE DE LSE E GUÍA INTÉRPRETE:
Foto APSOU

Intérprete de LSE e Guía Intérprete

Horario de inverno:

Luns Martes Mércores Xoves Venres
08:30 a 14:30 08:30 a 14:30 08:30 a 14:30 08:30 a 14:30 08:30 a 14:30

Horario de verán:

Luns Martes Mércores Xoves Venres
08:30 a 14:30 08:30 a 14:30 08:30 a 14:30 08:30 a 14:30 08:30 a 14:30
FINANCIADO POR:

Foto Concello de Ourense. Asuntos Sociais

HORARIO LABORAL DO/A INTÉRPRETE DE LSE E GUÍA INTÉRPRETE:
Foto APSOU

Intérprete de LSE e Guía Intérprete

Horario de inverno:

Luns Martes Mércores Xoves Venres
09:00 a 14:00 09:00 a 14:00 09:00 a 14:00 09:00 a 14:00 09:00 a 14:00
16:00 a 18:30 16:00 a 18:30

Horario de verán:

Luns Martes Mércores Xoves Venres
08:30 a 14:30 08:30 a 14:30 08:30 a 14:30 08:30 a 14:30 08:30 a 14:30
FINANCIADO POR:

Foto Deputación Provincial de Ourense

CONTACTO:

Departamento de Intérpretes de LSE e Guías Intérpretes
Asociación de Personas Sordas de Ourense

r/ Ramón Cabanillas, 6 baixo e entreplanta. 32004 Ourense
Teléfono: 988 36 60 12 - SMS: 629 69 23 58
E-mail: silse@apsou.org