A Asociación de Personas Sordas de Ourense (APSOU) é unha entidade sen ánimo de lucro cuxa filosofía se define e baséase na mellora da calidade de vida das persoas xordas.

A APSOU está estruturada de acordo cos Estatutos de Réxime Interno da Institución, mediante órganos de goberno e dirección que son a Xunta Directiva e as distintas comisións. A estes órganos, pertencen os/as membros da asociación, socios/as activos/as da mesma, que foron elixidos a través dos procesos electorais recollidos nos Estatutos.