A Asemblea Xeral é o órgano supremo de goberno da APSOU e estará composta por Membros Asociados e Colaboradores.

A Xunta Directiva é o órgano de representación da APSOU e exerce todas as funcións de goberno non reservadas en exclusiva á Asemblea Xeral, estando composto a partir de tres Membros Asociados/as, elixidos/as en lista pechada para todo o tempo de desempeño da súa función e podendo ser reelixidos/as sen limitacións. A actual Xunta Directiva está composta pola Presidencia, a Vicepresidencia, a Secretaría Xeral, as comisións e varias vocalías:

  • Presidente de Honra: D. Odilo Pérez Seoane
  • Membro de Honra: D. Ricardo Vila Domínguez
  • Presidente: D. Martín Luis Becerra
  • Vicepresidenta: Dña. Beatriz González Freijedo
  • Secretaría Xeral: Dña. Sara Janeiro Vázquez
  • Vogal: Dña. Delfina Ferreira do Cabo
  • Vogal: D. Juan Ramón López Gómez