O día 2 de maio de 1974 en Ourense reúnense un grupo de 9 persoas xordas, maiores de idade e con capacidade de obrar; voluntariamente deciden constituír a asociación que inicialmente se denominou: "Asociación de Sordomudos de Ourense".

Co fin de formalizar esta asociación créase unha comisión para redactar os oportunos estatutos polos que se rexerá o réxime de actividade da agrupación. A sede social estaba situada nun local facilitado e adaptado por Cáritas Diocesana que asumía a tutela do mesmo.

O 18 de xuño de 1974 apróbanse os primeiros Estatutos co nome de "Regulamento da Agrupación de Sordomudos de Ourense", posteriormente inscríbese a asociación na sección primeira do correspondente Rexistro e Asociacións do Goberno Civil.

A "Asociación de Sordomudos" resulta inaugurada oficialmente nos días 29 e 30 de xuño de 1974.

A súa sede social queda situada na R/ Liberdade nº 6 da cidade ourensá; ata o 14 de outubro de 1989. Día no que se inaugura o novo local social da "Agrupación de Sordos de Ourense" na R/ Ramón Cabanillas nº 6, baixo e entresuelo, localización na que continúa a nosa sede na actualidade.

En 1991 faise a primeira modificación dos Estatutos, e no 2000 faise a segunda.

No ano 2004 faise unha terceira reforma e no ano 2017 se realiza unha última modificación que establecerá os Estatutos vixentes na actualidade.

A APSOU é unha entidade BENÉFICO-DOCENTE acolléndose ao Decreto Lei 11 de decembro de 1969.

Está inscrita no Rexistro Provincial de Asociacións co número 1974/105-1, no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais nº E-0002 e ten atribuido o CIF: G-32015463.

A APSOU intégrase na Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) desde o ano 1976, ano no que a Federación crea a súa acta fundacional.

A APSOU comparte a filosofía de traballo e obxectivos da FAXPG, e unha liña de actuacións común encamiñada a promover a participación das persoas xordas na comunidade para que, sendo membros de pleno dereito na sociedade, consigan unha mellora na súa calidade de vida.

A APSOU, como membro da FAXPG tamén forma parte da Confederación Estatal de Personas Sordas (CNSE).