Foto Excursión a Viana do Bolo

O vindeiro domingo 3 de marzo, a APSOU organiza unha excursión a Viana do Bolo.

O autobús sairá ás 08:30h desde o Pavillón de Os Remedios. Unha vez alí gozaremos do desfile típico de Viana.

Ás 14:30h partiremos cara á Gudiña para comer ás 15:00h da tarde co seguinte menú adulto:

  • Sopa de cocido
  • Cocido galego
  • Sobremesa, café e bebidas

Para os/as máis pequenos/as o menú infantil é o seguinte:

  • Macarrones
  • Peituga de pito con ovos fritos e patacas fritas
  • Sobremesa e bebida

Ás 17:00h da tarde volveremos cara a Ourense.

O prezo adulto da excursión coa comida incluída é de 25 euros e o prezo infantil é de 21 euros.

O prazo finaliza o 22 de febreiro.

Achéganse os seguintes documentos:

Foto Deputación de Ourense

ANIMARVOS A PARTICIPAR QUE GOZAREMOS UNHA CHEA!

Difusión