Foto APSOU

O próximo luns 31 de decembro a APSOU organiza a cea e festa de Fin de Ano co seguinte programa:

Ás 21:30h haberá a cea co seguinte menú:

  • Lagostinos.
  • Vieiras.
  • Carne con chícharos.
  • Sobremesas: torta de tres chocolates, torta xeada, turróns variados.
  • Bebidas: viño, auga, refrescos e café.

A continuación, ás 00:00h tomaremos as uvas e brindaremos con champaña.

E, por último, ás 01:00h celebraremos a festa de Ano Novo.

O prezo é de 30 euros para os/as socios/as da APSOU e socios/as das outras Asociacións afiliadas.

O prazo de inscrición finaliza o 27 de decembro.

Achéganse os seguintes documentos:

ANIMARVOS A PARTICIPAR! BO NADAL E FELIZ ANO NOVO!

Difusión