Foto APSOU

O vindeiro mércores 31 de outubro celebraremos na APSOU a VIII Gran festa de Samaín.

O programa será o seguinte:

Ás 19:00 h abriranse as portas do local social.

A continuación, ás 21:00 h cearemos unha deliciosa "paella terrorífica".

E, por último, ás 00:00 h haberá unha “queimada”.

O prezo da cea é o seguinte:

  • Socios/as da APSOU: 10€
  • Socios/as das asociacións afiliadas: 10€
  • Nenos/as de 0 a 14 anos: 5€

Non vos esquezades de vir disfrazados de bruxa/o e de traer allos.

O prazo para anotarse é o 22 de outubro.

Achéganse os seguintes documentos:

O programa

O inscrición

ANIMARVOS A PARTICIPAR!

Difusión