Foto Obradoiro: As nosas capacidades fannos visibles

Os próximos días 17, 19, 24, 26 e 28 de setembro impartirase o obradoiro "As nosas capacidades fannos visibles" organizado pola APSOU. O taller está subvencionado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dentro do programa de Iniciativa Xove.

Este obradoiro está destinado a mozos/as de 16 a 35 anos e o prazo para apuntarse termina o 15 de setembro. É totalmente gratuíto.

O horario de obradoiro é o seguinte:

  • Os días 17 e 19 de setembro: de 18:00 a 21:00 hs.
  • Os días 24 e 26 de setembro: de 18:30 a 20:30 hs.
  • O día 28 de setembro: de 17:00 a 21:00 hs.

O obradpiro impartirase no Espazo Xove de Ourense. Rúa Celso Emilio Ferreiro, 27

Achéganse os seguintes documentos:

O cartel

O programa

O inscrición

ANIMARVOS A PARTICIPAR!

Difusión