Foto APSOU

O vindeiro sábado 29 de setembro a FAXPG organiza a celebración do Día Internacional das Persoas Xordas que este ano terá lugar en Santiago de Compostela.

A saída farase en autobús ás 8:30 da mañá no Pavillón de Os Remedios.

O prezo do autobús é:

  • Socios/as da APSOU: gratis.
  • Socios/as de asociacións afiadas da CNSE: 6 €.
  • Non socios/as: 10 €.

O prazo para apuntarse termina o 17 de setembro.

Ademais, os días 28, 29 e 30 de setembro a partir das 21:30 da noite iluminarase a Ponte Romano de cor turquesa con motivo da celebración.

Máis información do programa: www.faxpg.es

ANIMARVOS A PARTICIPAR! FELIZ DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS XORDAS!

Difusión