Foto Colabora coa APSOU

Se queres colaborar coa nosa entidade para que podamos seguir realizando o noso labor xa podes facelo adquirindo unha das nosas camisetas ou bolsos.

As camisetas están dispoñibles en dous formatos: con deseño de home e de muller, e en cada un deles pódense escoller as tallas S, M, L, XL, XXL. O prezo de cada camiseta é de 9€.

Os bolsos tamén se poden escoller en dous tamaños: grandes ou pequenos. Os bolsos grandes teñen un prezo de 9€ e os bolsos pequenos custan 5€.

Calquera persoa pode adquirir o que desexe vindo á APSOU ou se o prefire pode facelo a través do noso e-mail ou o noso teléfono.

Podedes poñervos en contacto connosco no e-mail: apsou@apsou.org ou no número de teléfono: 988 366 012

Difusión