Foto APSOU

O próximo 25 de novembro a APSOU organiza unha excursión a Bande co seguinte programa:

  • 09:30h: Punto de encontro na APSOU
  • 11:00h: Visita á Igrexa de Santa Comba
  • 11:45h: Visita ao Centro de Interpretación de Aquis Querquennis
  • 12:30h: Visita guiada aos Xacementos de Aquis Querquennis
  • 14:30h: Comida

Pola tarde: Paseo por Bande e arredores.

O menú será tapas variadas, churrasco, sobremesa, bebidas e café. O prezo do menú son 10 euros. Todas as persoas que non están interesadas en comer no restaurante reservado poden levar a súa propia comida.

Tamén, o prezo do Centro de Interpretación e dos Xacementos son 3 euros.

O prazo finaliza o 17 de novembro.

Máis información: www.fundacionaqvianova.com

ANIMARVOS A PARTICIPAR!

Difusión