Foto APSOU

O próximo 11 de novembro a APSOU celebrará a gran festa do Magosto.

O programa é o seguinte:

  • Ás 11:00 da mañá: vermú.
  • Ás 14:00 da tarde: comida, que inclúe tortilla de pataca, currasco, sobremesa e bebida.
  • Ás 21:00 da noite: cea sorpresa.

O magosto celebrarase na Asociación de Veciños Santa Marta de Velle.

O prezo da comida e a cea sorpresa para os/as socios/as da APSOU e outras asociacións afiliadas é de 8 euros.

O prezo para os/as non socios/as é de 12 euros a comida e 5 euros a cea sorpresa.

O prazo termina para todos/as o 6 de novembro.

Aconsellámosvos que vaiades disfrazados/as de anciáns típicos/as galegos/as.

ANIMARVOS A PARTICIPAR! IREMOS TODOS/AS!

Difusión