Foto APSOU

O vindeiro sábado 9 de setembro realizarase un excursión a Taramundi en Asturias.

A saída será ás 8:00 da mañá en APSOU. O prezo do autobús é 10 euros.

Visitaremos pola mañá a Casa da Auga de Bres, o Museo da Cuchillería de Taramundi, a Quesería Artesanal EO Leite e por último realizaranse visitas guiadas á Igrexa de San Martín e o Castro de Taramundi.

Pola tarde acudiremos ao Museo Muíños de Mazonovo e ao Conxunto Etnográfico Os Teixois.

Todas as actividades contan con Intérprete de Lingua de Signos. Comeremos no Hotel Restaurante Taramundi. O prezo da comida é 14 euros ou cada un/unha para pode levar a súa comida.

A chegada a Ourense será sobre as 21:00 da noite.

Só hai 25 prazas e serán por orde de pago.

O prazo de inscrición termina o 1 de setembro ás 14:00 da tarde.

Achéganse os seguintes documentos:

Programa

ANIMÁMOSVOS A PARTICIPAR!

Difusión