Foto APSOU

A APSOU vende camisetas e bolsos para apoiar o labor que realiza e axudar ao mantemento da mesma.

As camisetas témolas de todos os tamaños, tanto de home como de muller e a S, M, L, XL e XXL de cada unha delas.

O prezo das camisetas é de 9 euros.

Temos á venda tamén bolsas de dous tamaños, as pequenas que son perfectas para o universidade ou a rúa por exemplo, teñen un prezo de 5 euros, e as máis grandes ideais para a praia ou o supermercado custan 9 euros.

Todo o mundo pode compralas vindo á APSOU pero se es de fóra podes pedírnolas por e.mail ou teléfono e envíanse a calquera sitio.

Ademais temos unha oferta e é que se compras 10 artigos (tanto camisetas como bolsas ou mesturado) os gastos de envío son gratis. Se compras menos de 10 cada persoa deberá facerse cargo do gasto do envío. Así que avisarvos uns/as a outros/as para xuntarvos e pedir moitas.

Podedes poñervos en contacto connosco/as no e-mail: asociacion_personas_sordas_ou@hotmail.com ou no número de teléfono: 988 366 012

Difusión