Foto XIV Encontro de Persoas Xordas, Sordociegas e Alumnos/as dos Cursos de Comunicación en LSE

A Asociación de Personas Sordas de Ourense organiza o XIV Encontro de Persoas Xordas, Persoas Xordocegas e Alumnos/as dos Cursos de Comunicación en LSE en colaboración coa FAXPG o vindeiro sábado 13 de maio, en Toén, así como unha ruta de sendeirismo, concurso de tapas e xogos de invasión.

O prezo son 8 euros para a comida. A comida será ensalada, churrasco, doces, refrescos, viño, auga e pan. O prazo máximo para a inscrición e o pago é ata o mércores 10 de maio.

Aconséllase levar roupa cómoda, gorro, crema de protección solar e auga para a ruta de sendeirismo e os xogos.

Achegamos o programa e a folla de inscrición. Para calquera dúbida podedes poñervos en contacto coa APSOU a través do correo electrónico asociacion_personas_sordas_ou@hotmail.com

Achéganse os seguintes documentos:

Cartel

Programa

Inscrición

ANIMÁMOSVOS A PARTICIPAR!

Difusión