Foto Gran Cocido y Gran Fiesta de Entroido

Estamos a preparar as cousas para o Entroido que será o vindeiro sábado 25 de febreiro na APSOU.

Imos explicar o programa por se vos interesa participar:

  • 12:00h - Haberá o vermú
  • 14:00h - Haberá o cocido galego

O prezo do cocido tanto para socios/as da APSOU como para socios/as doutras asociacións afiliadas é de 10 euros.

Para o Gran Cocido de Entroido será ás 2 da tarde. A Xunta Directiva da APSOU irá disfrazada de galegos/as, non é obrigatorio para os/as participantes pero quen o desexe pode disfrazarse de galego/a. Animámosvos a todos/as a que vos disfracedes do que queirades. Máis información no vídeo: https://youtu.be/UjV7MqvrNqw

O prazo para apuntarse finaliza o 20 de febreiro, máis abaixo tedes unha ligazón coa ficha de inscrición, debedes cubrila e facer a transferencia co voso nome e apelidos e como concepto, todo iso debe enviarse á APSOU antes do 20 de febreiro.

Con isto non terminou o programa, seguimos:

  • 19:00h - Será a apertura de portas para a gran festa do Entroido
  • 20:00h - Será o concurso de disfraces infantil
  • 21:30h - Será o concurso de disfraces adultos
  • 23:30h - Será o sorteo
  • 05:00h - Haberá chocolate con churros

Os premios dos concursos serán os seguintes e teremos tres categorías:

  • INDIVIDUAL

1º 100 euros
2º Entrada ás termas

  • PAREJAS

1º 100 euros
2º Entrada ás termas

  • GRUPOS

1º 100 euros
2º Entrada ás termas

Os requisitos para participar no concurso de disfraces son os seguintes:

  • Para os/as socios/as da APSOU a participación é gratuíta e para a participación no concurso dos/as socios/as doutras asociacións afiliadas o prezo é de 5 euros.
  • Temos á vosa disposición vestiarios para quen o necesite.
  • Os/as alumnos/as dos cursos de comunicación en LSE, os/as voluntarios/as para as persoas sordociegas e persoas xordas en situación de exclusión social a entrada é libre como observadores.

Haberá rifas á venda por tan só 1 euro cada unha.

Achéganse os seguintes documentos:

O programa

O inscrición

O cartel

¡TENEDREMOS MUCHAS SORPRESAS! ¡OS ANIMAMOS A PARTICIPAR!

Difusión