Foto APSOU

O sábado 31 de decembro celebraremos na APSOU a festa de fin de ano.

O programa é o seguinte:

  • 21:30h - Empezará a cea.
  • 00:00h - Tomaremos as uvas e brindaremos con champaña.
  • 01:30h - Teremos actuacións, teatro, cancións e baile.

O prezo da cea tanto para os/as socios/as da APSOU como para outros/as socios/as doutras asociacións afiliadas é de 22 euros.

Se acodes á festa o prezo para socios/as da APSOU e socios/as doutras asociacións afiliadas é de 1 euro cunha sorpresa.

Calquera persoa que o desexe pode preparar unha canción, un chiste, teatro, etc.

O prazo para inscribirse finaliza o 27 de decembro e debedes enviar a folla de inscrición co xustificante de pago á APSOU.

Achéganse os seguintes documentos:

O programa

ANIMARVOS A PARTICIPAR QUE O PASAREMOS FENOMENAL! FELIZ ANO NOVO!

Difusión