Foto APSOU

A Asociación de Persoas Xordas de Ourense (APSOU) oferta unha praza de Intérprete de Lingua de Signos Española e Guía Intérprete para persoas xordocegas.

REQUISITOS:

  • Título de Técnico Superior en Interpretación de Lingua de Signos Española.
  • Dominio, comprensión e expresión oral da lingua galega.
  • Inscrito como demandante de emprego.

VALORARASE:

  • Experiencia laboral en interpretación LSE-LO e viceversa.
  • Experiencia en guía-interpretación para persoas xordocegas.
  • Experiencia laboral no movemento asociativo de persoas xordas.
  • Carné de conducir e vehículo propio.

OFRÉCESE:

  • Contrato por interinidade-maternidade, duración segundo a substitución durante período de suspensión do contrato.
  • Xornada laboral 30 h/semana.

As persoas interesadas deben enviar o seu CV por correo electrónico a: asociacion_personas_sordas_ou@hotmail.com

O asunto: "Ref. Posto de ILSE-GI Ourense"

Prazo para enviar CV ata o 24 de maio de 2015.

Difusión