Foto Cartel Novidades do XII Encontro de Persoas Xordas, Xordocegas e Alumnas/os dos Cursos de Comunicación en LSE

Imos celebrar o XII Encontro de Persoas Xordas, Persoas Xordocegas e alumnas/os dos Cursos de Comunicación en LSE aquí en Ourense.

Por iso quero contarvos dúas cousas novas deste encontro:

A primeira é sobre o concurso de tortillas, apuntarse é moi doado. Se es socio/a ou alumno/a da APSOU só tes que dicirllo a algún membro da Xunta directiva ou apuntarte no taboleiro da asociación. Se es socio/a ou alumno/a doutra asociación só tes que ir á túa asociación para apuntarte e que avisen a APSOU. Só tes que dar o teu nome e apelidos. Non vos esquezades poñer voso nome á vosa tortilla. Non vos preocupedes por ir cargando con ela durante o paseo, alguén da organización se encargará de recollelas no punto de encontro e así poder ir camiñando tranquilos/ás. Sobre a 1 do mediodía será o concurso e un xurado valoraraas e ata haberá premios.

O segundo punto do que quería falarvos é a ruta que faremos e é a seguinte.

A ruta é moi doada e levaranos unhas 2 horas, é un paseo chairo e cómodo así poderemos ir falando.

É importante que levedes auga xa que hai poucos bares durante a ruta, roupa cómoda, unha gorra para o sol e evitar enfermidades e crema protectora se queredes.

Se participades con nenos/as hai que vixiar que non caian durante o paseo.

No caso de que vos cansedes moito na ponte branca de Outariz hai un tren turístico moi barato (menos de 1 euro), pero se vos sentides ben é unha ruta moi doada sen moitos desniveis.

Se tedes algunha dificultade médica só teneis que falar coa APSOU a través de correo electrónico ou contactando persoalmente e buscaremos unha solución.

Para máis información e dúbidas podedes entrar no seguinte: http://goo.gl/4EfaWm

O prazo tanto para o concurso de tortillas coma para a inscrición é ata o 5 de maio. Xa volo dixen antes pero.... ANIMARVOS A PARTICIPAR!

Difusión