Foto Cartel XII Encontro de Persoas Xordas, Xordocegas e Alumnas/os dos Cursos de Comunicación en LSE

O próximo 9 de maio celebramos o XII Encontro de Persoas Xordas, Xordocegas e Alumnas/os dos Cursos de Comunicación en LSE. Este encontro está orgaanizado pola APSOU en colaboración coa FAXPG.

10:30h Punto de encontro: Complexo Polideportivo dos Remedios e apertura do XII Encontro de Persoas Xordas, Xordocegas e Alumnas/os dos Cursos de Comunicación en LSE.
11:00h Ruta dende os Remedios a Campo da Feira (uns 4 km., nivel doado e duración de dúas horas aprox.)
13:00h Concurso de tortillas para quen queira participar (cada un/a faina na súa casa)
13:30h Comida.
16:00h Tempo libre (xogos moi divertidos e orixinais)
19:30h Relax nas termas da Chavasqueira (ao finalizar as actividades, a xente que o desexe pode relaxarse dándose un baño nas termas da Chavasqueira)
21:00h Fin do XII Encontro de Persoas Xordas, Xordocegas e Alumnas/os dos Cursos de Comunicación de LSE.

Tamén vos deixamos algúns consellos para ese día:

  • Levar unha botella de auga para a ruta de sendeirismo.
  • Levar roupa cómoda e tenis.
  • Levar bañador, chanclas e toalla para as termas.
  • Comida: Menú: ensalada, patacas, costeletas e pan. Prezo: 6€
  • Poden asistir socios/as e alumnos/as doutras asociacións. Prezo: 6€
  • Prazo de inscrición: 5 de maio.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

Achéganse os seguintes documentos:

O programa

O inscrición

Difusión